Tuesday, 10 June 2014

Summer Activities!



 
Estas actividades de verán deseñáronse para cubrir a demanda dunhas actividades de calidade, onde o inglés é a base principal durante tódolos días e que aparece mesturado co resto de obradoiros do curso, cociña, ciencia divertida, pintura, fotografía, teatro... o que fai destas actividades unha experiencia moito máis enriquecedora. 
 
O curso de verán é do 30 de xuño ó 1 de agosto. Diseñado en 5 semanas temáticas para poder ter liberdade absoluta de elección. O horario é de mañán de 10h a 13.30h. Está destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos interesados en aprender e reforzar o inglés participando activamente en xogos e aventuras cheas diversión, á vez que fan novos amigos. 

Durante as 5 semanas faremos distintas actividades entre as que destacamos as excursións e saídas que se farán o final das semanas, o venres será o día adicado a sair de excursión!

             


No comments:

Post a Comment