Monday 24 June 2013

2012 Summer Photos

PICROCKET_DSC0112TREASURE HUNT_DSC0136_DSC0139
_DSC0142_DSC0149_DSC0216_DSC0237COOKINGROCKET2
_DSC0326_DSC0365_DSC0374_DSC0375_DSC0379_DSC0380
_DSC0384_DSC0388_DSC0390_DSC0441_DSC0448_DSC0451
Galería 2012

Summer Activities Information.


Estas actividades de verán deseñáronse para cubrir a demanda dunhas actividades de calidade, onde o inglés é a base principal, cun curso específico durante tódolos días e que aparece mesturado co resto de obradoiros do curso, xardinería, fotografía, teatro... o que fai destas actividades unha  experiencia moito máis enriquecedora. 
O curso de verán é do 1 de xullo ó 16 de agosto. Diseñado en 7 semanas para poder ter liberdade absoluta de elección. O horario é de mañán de 10h a 13.30h. Está destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos interesados en aprender e reforzar o inglés participando activamente en xogos e aventuras cheas diversión, á vez que fan novos amigos. 


Durante as 7 semanas faremos distintas actividades entre as que destacamos as excursións e saídas:
      •  O día 5 de Xullo faremos unha visita á Biblioteca de Redondela con contacontos, maxia e taller de globoflexia:

Marabilloso e peculiar xardín cheo de recunchos e refuxios naturais de vida silvestre. Patos da India, exóticas cotorras, unha fauna sonora e infrecuente. Ten ademáis un xardín adicado ós nenos.

  Ademáis da visita guiada por polos parterres e estanques disfrutaremos dun obradoiro con monitor da fundación.

 

Zona da música con instrumentos musicais xigantes.
Laguna natural e outra artificial.


Ampla zona de aventura con tobogáns de vértigo, zonas de escalada con redes e escalas.

Zona de ciencia divertida co Tornillo de Arquímedes.
Ademáis teremos:
  • Inglés en tódolos obradoiros.
  • Cociña.
  • Ciencia divertida.
  • Xardinería.
  • Fotografía divertida.
  • Reutilización de distintos obxetos.
  • Xogos tradicionais.
  • Búsquedas do tesouro.
  • Proxección de videos.
  • Manualidades.
  • Teatro.
  • Cancións.
  • Técnicas de relaxación.  
Na semana da música contaremos cun músico de Vigo que impartirá obradoiros especiais.

Estamos situados no centro de Redondela, na rúa do medio: Reveriano Soutullo, 22 . É unha zona peatonal que abarca varias calles, un pequeno parque e a Igrexa, perfecto para poder xogar e aproveitar o aire libre.
 
Todo o equido de profesores teñen amplia experiencia docente e son especialistas nas distintas áreas das actividades. Todos están coordinados por un director nativo.
O prazo de inscripción está aberto, podes apuntarte tamén durante o curso e o número de prazas é limitado.
Os matriculados neste curso de verán terán a matrícula gratuita o vindeiro curso 2013-2014.


O prezo varía moito según o número de días, diseñamos 7 semanas para poder ter ampla libertade de elección, así podes anotarte ó curso completo, por semanas, por días ou só ás excursións, por exemplo. 
Fanse descontos por irmáns.



Para calquera información adicional podes pasarte polo noso centro na Rúa Reveriano Soutullo, 22 en Redondela. Escribirnos a redondela.englishcentre@gmail.com ou chamar ó noso tlf. 986.40.34.15. O noso horario é de 10.30h a 13.00h polas mañás e de 17.30h a 19.30h polas tardes ata fin de Xuño e  do 1 de Xullo ó 16 de Agosto de 10h a 13.30h.



Monday 17 June 2013

Activities

Inglés para nen@s e adultos durante o curso escolar, horario de 16.30h a 21.30h. Preparación para exámenes oficiais. Profesor nativo. Clases activas, creativas e participativas con xogos, cancións, proxeccións, pantalla dixital, manualidades...

Actividades de verán para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos: inglés, xardinería, fotografía, cociña, proxección de videos, excursións...